Eventos
Xov | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 29/01/2015 11:50
End: 29/01/2015 12:40
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez (Catedrático de Universidade, membro do Departamento de Produción Vexetal, profesor na Escola Politécnica da USC - Campus Lugo e tamén director da Estación Científica do Courel). Na charla describirá, apoiándose en fotografías, os principais bosques naturais (carballeiras, bidueirais, faiais, abraedos, cerqueirais, aciñeirais, sobreirais, louredos, acebedas, herbedais, ameneirais...) e artificiais (soutos de castiñeiros, piñeirais, eucaliptais) de Galicia. En canto ás árbores senlleiras explicaranse os criterios de catalogación, a normativa galega ao respecto, a distribución en Galicia dos monumentos vexetais máis importantes, as especies que aportan máis árbores senlleiras...todo iso acompañado de material gráfico. Fará especial referencia aos bosques e ás árbores monumentais do entorno do noso instituto. |