Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
26
| 27
| 28
Start: 28/01/2015 10:00
Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo. Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos. Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes. Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado). As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral. Deixan descargar o libro, desde a web do museo | 29
Start: 29/01/2015 11:50
End: 29/01/2015 12:40
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez (Catedrático de Universidade, membro do Departamento de Produción Vexetal, profesor na Escola Politécnica da USC - Campus Lugo e tamén director da Estación Científica do Courel). Na charla describirá, apoiándose en fotografías, os principais bosques naturais (carballeiras, bidueirais, faiais, abraedos, cerqueirais, aciñeirais, sobreirais, louredos, acebedas, herbedais, ameneirais...) e artificiais (soutos de castiñeiros, piñeirais, eucaliptais) de Galicia. En canto ás árbores senlleiras explicaranse os criterios de catalogación, a normativa galega ao respecto, a distribución en Galicia dos monumentos vexetais máis importantes, as especies que aportan máis árbores senlleiras...todo iso acompañado de material gráfico. Fará especial referencia aos bosques e ás árbores monumentais do entorno do noso instituto. | 30
| 31
| 1
|