Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS | ||
Día: 28 de xaneiro
|
Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.
Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.
Deixan descargar o libro, desde a web do museo
Blog do Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Bosques galegos e árbores senlleiras | ||
Día: 29 de xaneiro |
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez (Catedrático de Universidade, membro do Departamento de Produción Vexetal, profesor na Escola Politécnica da USC - Campus Lugo e tamén director da Estación Científica do Courel).
Na charla describirá, apoiándose en fotografías, os principais bosques naturais (carballeiras, bidueirais, faiais, abraedos, cerqueirais, aciñeirais, sobreirais, louredos, acebedas, herbedais, ameneirais...) e artificiais (soutos de castiñeiros, piñeirais, eucaliptais) de Galicia. En canto ás árbores senlleiras explicaranse os criterios de catalogación, a normativa galega ao respecto, a distribución en Galicia dos monumentos vexetais máis importantes, as especies que aportan máis árbores senlleiras...todo iso acompañado de material gráfico. Fará especial referencia aos bosques e ás árbores monumentais do entorno do noso instituto.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR | ||
|
É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta), creado pola consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir ao alumando a importancia dos produtos do mar na dieta, en relación coas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta das profesións do mar.
Os contidos desta Campaña xiran en torno a catro bloques:
- Medio mariño e especies.
- Conservación.
- Gastronomía.
- Nutrición.
O obradoiro a realizar no instituto, consta das seguintes actividades:
- 20 primeiros minutos: representación dunha pequena obra de teatro na que os educadores e educadoras, nos papeis do pescador Luís e a cociñeira Dona Mariña se preguntan se o alumnado coñece a importancia de comer peixe.
- 30 minutos seguintes: realización de actividades lúdicas adaptadas á idade do grupo.
- 10 últimos minutos: procédese á conclusión do obradoiro, onde se presenta ao alumando unha breve carta de compromiso, para a cuadrilla de "Os Arroases", na que firmarán que van comer máis produtos do mar e ademais van difundir a mensaxe entre todos os seus amigos e amigas e a súa familia.
Ligazón aos contidos do obradoiro: www.osabordaaventruaestanomar.com
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: VI Olimpíada de Xeoloxía | |
Día: 11 de febreiro |
* A forma de chegar ata a EPS será empregando o bus urbano.
9 alumnos/as de 1º BAC asistirán á VI Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.
Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.
Dende aquí queremos facer chegar o noso apoio a est@s alumn@s que van representar ao centro, xa só polo feito de participar e desexarvos os nosos mellores desexos para a proba. MOITO ÁNIMO!
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita ao CEI NODUS | |
Día: 12 de febreiro |
* A forma de chegar ás instalacións será empregando cadaquén os seus propios medios.
Descrición da actividade:
coñecer da man de técnicos especialistas a actividade de promoción económica e empresarial que se desenvolve no Centro de Empresas e Innovación (CEI).O CEI é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Con esta visita o alumnado coñecerá as posibilidades que ofrecen, tanto en infraestructuras coma en asesoría técnica, para a creación de empresas e poder levar a cabo novas iniciativas.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Xornadas L'Oréal. | ||
Día: 25 e 26 de febreiro Lugar: Madrid Para: 2º PECOCA Organiza: Dpto. Imaxe Persoal |
Alumnas de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazaranse a Madrid coa profesora Mª Luz, para disfrutar destas xornadas; inclúen cursos de peiteado, talleres con coaches de beleza, clases temáticas, looks innovadores... da man de profesionais de primeira categoría. Unha moi boa oportunidade de completar a súa formación académica.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Xornadas L'Oréal. | ||
Día: 25 e 26 de febreiro Lugar: Madrid Para: 2º PECOCA Organiza: Dpto. Imaxe Persoal |
Alumnas de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazaranse a Madrid coa profesora Mª Luz, para disfrutar destas xornadas; inclúen cursos de peiteado, talleres con coaches de beleza, clases temáticas, looks innovadores... da man de profesionais de primeira categoría. Unha moi boa oportunidade de completar a súa formación académica.