Skip to Content

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Membros do departamento de BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Bioloxía

Profesor/profesoraCargo
Meijide Del Río, José L.Xefe  de Departamento 
Santiso Carral, Xabier 
Villamor Castiñeira, Carlos 

A TERRA DE FÓRA A DENTRO

O alumnado de 1ºESOA, conducido pola profesora de bioloxía e xeoloxía, coñeceu a formación da Terra e os segredos que agocha. 

Deixámosvos co proceso e o resultado final. 


GOZANDO  APRENDENDO! 

Vídeo explicativo da MITOSE

Vídeo explicativo da mitose

Unha vez máis o departamento de Bioloxía en colaboración cos seus alumnos vólvennos sorprender, nesta ocasión co seguinte vídeo no que podemos observar como a Bioloxía pode ser divertida.

Unha clase didáctica e amena na que colaboraron activamente alumnos e alumnas da profesora Begoña Outumuro. Encargáronse da documentación, interpretación, realización e produción do filme, gravado integramente nas instalacións do instituto.

Nel explícannos as fases da mitose coa axuda do proxector e mediante unha canción, versionando o tema de moda "Ai se eu te pego" de Michel Teló.

Agradecer que compartan esta grata experiencia connosco, pois serviranos de axuda para saber  que é a mitose, cales son as súas fases e que acontece en cada unha delas.

Mitoses - Vídeo realizado por alumnos de Bioloxía Curso 2011/2012

 

 

Concurso - MAQUETAS DA CÉLULA

Concurso - MAQUETAS DA CÉLULA

Este ano o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou un Concurso de Maquetas da Célula, no que participaron alumnos e alumnas de 3º da ESO, coordinados pola profesora Dª. Ana Begoña Outumuro Pazos.

Tivo unha moi boa participación, sendo os traballos dunha gran calidade, creatividade e orixinalidade.

Coas maquetas presentadas Ver todas as maquetas realizouse unha exposición moi didáctica na entrada do instituto, sendo moitos os que se achegaron para observar con detalle tan excelente traballo.

Para a realización das maquetas empregaron todo tipo de materiais: recipientes, xelatinas, plastilina,... e todo o inimaxinable; dando como resultado a reprodución exacta de distintos tipos de células e os seus orgánulos (perfectamente rotulados para unha mellor identificación).

O xurado do concurso estivo formado por todos os alumnos da ESO, que tras observar as distintas maquetas daban a súa valoración.

Entablecéronse os seguintes premios, para canxear por material didáctico:   premio  (75 euros), premio (45 euros) e premio (30 euros).

Primeiropremio Segundopremio Terceiropremio

Primer premio

Segundo premio
Terceiro premio
Todas as maquetas celulares Ver todas as maquetas

Felicitar aos participantes, por todo ese esforzo e horas dedicadas; así como á súa profesora, seguro que os seus alumnos non esquecerán nas súas vidas esta lección.


Distribuir contido


by Dr. Radut