CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: FOTOLIBRO

         

 BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO


Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura.

Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de cinco fotos, todas co seu título.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón. O prazo de presentación abrirase o día 15 de febreiro e rematará o 9 de marzo de 2012.

Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.


Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dúas fotografías gañadoras. Unha para o primeiro ciclo e outra para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  16 de marzo. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no primeiro recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

 Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.


 Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.