Eventos
28 DE FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA NO IES O MOSTEIRÓN"
CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA O PASADO DÍA 24 DE FEBREIRO,
O ALUMNADO DISFRUTARÁ DUNHA ACTIVIDADE ESPECIAL DURANTE A SÚA "HORA DE LER"
EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO.
CADA GRUPO DEBERÁ SUBIR Á BIBLIOTECA CON PUNTUALIDADE NA SÚA HORA DE LER.
Convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no
ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en
réxime de concorrencia competitiva.
O luns 2 de marzo pasou pola nosa aula de 4º da ESO unha ex alumna, María Vázquez deseñadora de moda, moi querida no noso instituto que nos fixo disfrutar moito contándonos a súa experiencia coa carreira de deseño de moda ademáis de agasallarnos con fotografías e ilustracións dos seus deseños.
María, que foi gañadora do 25º Concurso Mostra de Encaixe de Camariñas, mostrounos os sus deseños orixinais e atrevidos e fíxonos rir con algúns dos detalles da súa colección. Estámoslle mois agradecidos por vir compartir tanta cousa bonita e achegarnos á beleza e a acreatividade a través do seu arte.
Esperamos que volvas pronto María!!!