O centro
Familias
Iniciar sesión
Transporte do alumnado. Procedemento de entrada e saída do IES de Mos. Curso 2020-2021
Anónimo — Mar, 2020-09-22 15:26
22/09/20 15:01:38
Á atención dos pais, nais e titoras e titores legais do alumnado do IES de Mos.
A seguir, descríbese o procedemento para organizar as entradas e saídas do alumnado do IES de Mos.
A_Procedemento de actuación para o alumnado transportado por
Autocares Lucho
Entradas.
Todos os autobuses aparcarán na porta da parte traseira do instituto.
Cando un autobús se baleire, outro abrirá as súas portas e así sucesivamente para facilitar a entrada e evitar aglomeracións.
Saídas.
1. Autobuses que aparcarán na Porta dianteira do instituto:
-
Liña 1 (Curuxeira)
Liña 3 (escola Torroso)
Liña 2 ( Casa Balado)
Liña 4 (Gándara/Dornelas).
2. Autobuses que aparcarán na Porta traseira do instituto:
-
Liña 5 (casa Gallardo)
liña 7 ( Cabaleiros)
Liña 6 (Outeiriño/Iglesia)
B_Procedemento de actuación para o alumnado transportado por
Monbus.
Todos os autobuses de Monbus, tanto nas entradas coma na saídas, aparcarán na parte dianteira do instituto.
Cando un autobús se baleire, outro abrirá as súas portas e así sucesivamente para facilitar a entrada e evitar aglomeracións.
C_Procedemento de actuación para o alumnado transportado polas súas
familias.
O alumnado que acoda ao instituto en coche particular deberá entrar no centro pola
porta traseira. Por este motivo, os coches deberán aparcar na explanada, entre
o instituto e o pavillón. Non deberán, baixo ningunha circunstancia, ocupar os lugares
reservados para os autobuses nin deterse nas mesmas ou en fronte. O lugar será a
explanada. As aglomeracións, retrasos e situacións de inseguridade teñen que ser
evitadas.
Contamos coa colaboración de todos.
AVISO IMPORTANTE: O alumnado deberá sentar sempre nos mesmos asentos e extremar as medidas de seguranza.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.