VISITA A MEIRANDE E AS SALINAS DO ULLÓ
Na visita a MEIRANDE (Centro de Interprestación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande) o noso alumnado aprendeu moitísimo sobre a famosa batalla de Rande dende un punto de vista histórico e dende un punto de vista tecnolóxico, onde de primeira mán observaron (e explicóuselles como funcionaban) ferramentas da época para calcular a posición dos barcos (astrolabio esférico, cuadrante, ballestilla, compás, etc.) e diversas armas, destacando sobretodo os canóns dos barcos.
Por outra banda, tamén souberon da historia da “Fábrica do alemán” (lugar onde está ubicado na actualidade o museo), e puideron analizar polo miudo as distintas maquinarias que quedaron abandonadas cando a fábrica pechou no 1955, sobresaindo pola sua importancia as autoclaves, unha prensa manual, unha enlatadora e dúas enormes máquinas xeradoras de electricidade.
Na visita as Salinas do Ulló, o alumnado puido pasear pola contorna, disfrutar da diversidade de fauna e flora da enseada de San Simón, perderse polas ruinas da antiga fábrica de salazón é aprender do funcionamento do antigo muiño de mareas alí ubicado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
meirande 1.jpg | 69.36 KB |
meirande 2.jpg | 123.94 KB |
meirande 3.jpg | 82.21 KB |
meirande 4.jpg | 73.72 KB |
meirande 5.jpg | 387.71 KB |
meirande 6.jpg | 608.97 KB |