Familias
O club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" comeza a súa nova andaina
A continuación podedes consultar o calendario das sesións deste curso 2012-13 e a selección de libros. Animádevos a participar!
Datas PRESENTACIÓNS CURSO 2012/13
Detalle das datas de presentacións do curso 2012/13 para os graos de ESO, Bacharelato, PCPI e ciclo formativo:
Datas de matrícula, prazo de Setembro
Matrícula de 4ª ESO e 1º e 2º de BAC: días 6 e 7 de setembro.
Matrícula de 1º, 2º, e 3º da ESO: luns 10, último día de matrícula.
Libros de texto e material didáctico para o curso 2012/2013
Xa se pode consultar a relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2012/2013
Admisión e matrícula para o acceso a ciclos formativos - Curso 2012-2013
Información importante sobre o proceso de admisión e matrícula para o acceso a ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior polo rexime ordinario do curso 2012-2013.
Programa para a mellora do éxito escolar
Dentro do marco do “Programa para a mellora do éxito escolar”, convocado pola Consellería de Educación, estanse a organizar, por terceira vez, os “Encontros Familia/Escola: Creando Comunidade”.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.
Patagonia Express
A próxima parada do club de lectura de pais "Lector@s da Ulloa" é "Patagonia Express" do autor chileno Luis Sepúlveda, xa un coñecido dos lectores, pois o curso pasado lemos a súa obra "El viejo que leía novelas de amor".