FESTIVAL DE NADAL

O festival de Nadal desenvolveuse o venres 21 de decembro. Puidemos disfrutar de varias actuacións musicais e para rematar entregáronse os premios dos diferentes concursos e campeonatos que se convocaron durante a primeira avaliación: o certame de de relatos de terror de Samaín (organizado polo departamento de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca), o concurso de postais de Nadal (organizado polo departamento de Dinamización Lingüística) e o campeonato de Brilé (organizado polo departamento de Educación Física).