FINAL DE CURSO (INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS)

FINAL DE CURSO

 

(INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS)

 


 

ENTREGA E RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO

 

  • A cada alumno/a de ESO recolleránselle o día 19 de xuño:

 

- Libros de texto mercados co cheque

(só os das materias aprobadas, os das suspensas levaranse para estudar no verán e recolleránse o día da entrega das notas en setembro).

Para a entrega das notas, será preciso ter devoltos os libros.

 

O titor/a comprobará o estado dos libros e non os recollerá se están en mal estado. Os libros perdidos ou deteriorados terán que ser repostos.

 

OS TITORES DE CADA GRUPO TEÑEN UNHA LISTA DO ALUMNADO COS LIBROS QUE MERCOU CADA UN CO CHEQUE, E QUE TEN A OBRIGA DE DEVOLVER.

 

(Se teñen alguna dúbida poden poñerse en contacto coa secretaría do centro onde os informaremos)

 

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DA CONSELLERÍA

 

  • O alumnado que vaia cursar 2º e 4º da ESO no vindeiro curso ten dereito a solicitar libros deste fondo. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño

  • Seguindo as instrucións establecidas pola nova normativa, entregaranse ao inicio de curso en setembro, despois da publicación da lista de alumnos/as aos que se lles adxudica lote de libros. Manteremos informadas ás familias.

  • Os lotes adxudicaranse por prioridade segundo a renda per cápita e outras circunstancias especiais establecidas na normativa.

  • Pódese consultar a normativa no sitio web do centro. (Orde do 21 de maio)

 



 

- Libros de texto non mercados co cheque e prestados polo fondo solidario do centro:

 

O alumnado que teña este curso libros prestados do fondo solidario do centro tamén ten que devolvelos o día 19 de xuño, agás das materias que teña suspensas.

 

Os titores teñen unha lista dos libros que lles foron prestados ó alumnado

 

Ademaís, pódense entregar os libros de xeito voluntario, como se viña facendo na biblioteca do centro. Miguel Rico é o profesor encargado desta labor.

 

Poderán optar a estes libros todo o alumnado que entregue libros voluntariamente ó fondo, como se viña facendo estes anos.

 



 

ENTREGA DE NOTAS

 

As notas entregaranse o martes 23 de xuño as 12:30 por parte dos titores de cada grupo e nas aulas asignadas.

 



 

MATRÍCULA

 

  • O período de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo:

    • 22/23 de xuño: 1º ESO

    • 25 de xuño: 4º ESO

    • 26 de xuño: 1º e 2º de BAC

    • 29 de xuño: 3º ESO

    • 30 de xuño: 2º ESO

     

 

 

Recordamos que na ESO e Bacharelato é obrigatorio matricularse anualmente ( a diferenza de en Primaria, que non era necesario).

 

No caso do alumnado menor de idade, son os pais, nais ou titores/as legais os que deberán asinar os impresos.

 

  • O alumnado que vaia cursar 1º e 3º ESO poden solicitar a axuda para mercar os libros de texto, no momento que formalicen a matricula. Prazo do 25 de xuño ao 25 de xullo e do 2 de setembro ao 2 de outubro para as matriculas de setembro.