Campus de profundización Científica para estudantes de 4º de ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar no programa “Campus de profundización Científica para estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria” en Soria.

 

 

1- Destinatarios.

 

  • Alumnado que se encontra cursando 4º de Educación Secundaria Obrigatoria no curso 2014/2015

 

2- Requisitos:

 

a) Alumnado que no ano académico 2014-2015, cursa 4º de Educación Secundaria Obligatoria.

b) Ter obtido unha nota media no curso escolar 2013-2014 igual ou superior a 9,0 puntos.

c)Que durante o curso 2014/2015 curse as seguintes materias: Matemáticas B, Física y Química e Bioloxía e Xeoloxía.

 

No cálculo da nota media terase en conta todas as asignaturas computables no curso escolar 2013-2014, nos supostos casos nos que non figure cualificación numérica, aplicarase o seguinte baremo:

 

Matrícula de Honra: 10 puntos.

Sobresaiente: 9 puntos.

Notable: 7,5 puntos.

Ben: 6,5 puntos.

Suficiente o apto: 5,5 puntos.

Insuficiente ou non apto: 3 puntos.

Moi deficiente ou non presentado: 1 punto.

 

Así mesmo, certificará que o solicitante durante o presente curso está matriculado nas materias: Matemáticas B, Física y Química e Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

2.1 Criterios de selección.

 

A selección dos candidatos realízase atendendo o seguinte:

 

Nota media obtida no curso 2013/2014 igual ou superior a 9 puntos.

 

No caso de empate, os criterios que se aplican son os seguintes:

 

Mellor nota obtida nas materias de Matemáticas B, Física y Química e Bioloxía e Xeoloxía.

 

2.2 Calendario

 

Os Campus desenvolverase en dous turnos, de 40 alumnos cada un, que terá lugar nas seguintes datas:

 

Primer turno: do 6 ao 16 de xullo de 2015.

-Segundo turno: do 17 ao 27 de xullo de 2015.

 

3- Lugar de realización.

 

O Campus de profundización científica realizarase no IES «Virgen del Espino» de Soria, e os alumnos serán aloxados na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.

 

4-Prazo de presentación de solicitudes.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días contados a partir da súa publicaciónno BOE desde o 17 de abril ao 5 de maio

 

5- Documentación

 

As solicitudes cumprimentaranse a través da sede electrónica doMinisterio de Educación, Cultura e Deporte https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites y Servicios».

Unha vez cumprimentado o formulario enviarase telemáticamente, dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Únicamente se presentará unha solicitude por alumno. Na solicitude especificarase o orden de preferencia dos turnos para asistir ao campus, entendendo que si non se conseguiu praza na primeira opción indicada, poderase adxudicar a segunda preferencia en función da valoración da Comisión Avaliadora e as prazas disponibles. El turno asignado non se modificará.

 

4- Cobertura de axuda.

 

A axuda cubre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos quen contarán, ademáis, cun seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus.

Será por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa.

O traslado dos alumnos desde os lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios será por conta dos alumnos

 

BOE coa convocatoria