Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo

O Campus terá lugar do 22 ao 26 de xuño de 2015 no Campus Universitario de Lugo e vai dirixido ao alumnado de cursos altos de ESO e Bacharelato, preferentemente 4º de ESO e 1º de BAC. O custe da matrícula para o campus é 40 EUR sen aloxamento e 120 EUR con aloxamento.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria. Como novidade, este ano ofertamos dous itinerarios: o Científico-Técnico, que se veu desenvolvendo en anos anteriores e oferta obradoiros e proxectos nas Facultades de Ciencias e Veterinaria e na Escola Politécnica Superior, e o Científico-Social, que é novo e oferta obradoiros e proxectos nas Facultades de Humanidades, Administración e Dirección de Empresas e Formación do Profesorado. Tamén haberá actividades conxuntas para os dous itinerarios. Na páxina web (www.usc.es/xuvenciencia) pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Documentación adicional: Cartel y folleto informativos