Encontros coas Familias: creando comunidade

Dentro do marco dos Contato-Programa da Consellería de Educación, estanse a organizar, ao longo deste curso escolar, os “Encontros coas Familias: creando comunidade”.

Encontros 2
 
Estes encontros nacen dende a convicción de que profesorado e familias compartimos un mesmo obxectivo: educar para a vida e formar persoas.  Este proxecto será posible se somos capaces de camiñar nunha mesma dirección e atopar liñas de actuación comúns cos nosos xóvenes. Se somos quen de atopar, obxectivos e estratexias que nos permitan manexar de forma eficaz a  tarefa de educar, dende a familia e dende a escola, para establecer, cada un dentro do seu ámbito, os plans de acción máis axeitados

Así, os "Encontros" constituirán un espazo onde poder compartir inquedanzas, resolver dúbidas e intercambiar experiencias. Todo elo contando coa axuda de diferentes expertos e profesionais. Os obradoiros terán lugar ao longo do curso ás 20: 00 h no Salón de Actos do IES de Monterroso, esperamos a vosa asistencia,  un afectuoso saúdo,  a directora, Carmen Sarmiento Marqués