Imaxes que conmoveron ó mundo

Durante esta semana podemos ver expostas polos corredores do centro imaxes impactantes dos conflitos máis importantes da segunda metade do século XX. As explicacións sobre os grandes acontecementos que conmoveron ó mundo son realizadas polos alumnos e alumnas de 1º BAC A xa que estes contidos forman parte da materia que cursan no Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Historia Contemporanea. A mensaxe que se busca transmitir a través da exposición é que os terribles feitos non volvan repetirse, algo que a historia nos ensina.

Bomba atómica

Muro de Berlín

Nesta imaxe  podemos ver o terror e o sofrimento dos nenos vitimas da Guerra de Vietnam. O 8 de xuño de 1972 un avión de Vietnam do Sur bombardeou con napalm á poboación de Trang Bang, unha localidade situada a 40 Km de Saigón. Coa roupa en chamas, unha nena de nove anos xunto a outros nenos da aldea fuxen do infermo. A nena que corre espida chámase Phan Ti Kim Phuc e as súas roupas consumíronse polo lume. A famosa imaxe foi rexistrada polo fotógrafo Nic Ut. Xunto a outros compañeiros de traballo a cubriron con mantas para logo darlle asistencia médica. A nena sobrevivíu despois de anos de inxertos e de operacións. Ao día seguinte do bombardeo esta imaxe foi portada en todos os diarios do mundo.

Nena Vietnam