O curioso incidente do can á medianoite

"O curioso incidente do can á medianoite" de Mark Haddon e editado en galego por Rinoceronte, conta a historia dun rapaz de quince anos, Christopher Boone. Este destaca en matemáticas, nas ciencias e tamén na xeografía. Sen embargo, non é capaz de relacionarse con outras persoas, é un neno autista. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, asasinado no xardín. Pola súa conta inicia as pescudas...que o levarán a cuestionar a lóxica do mundo que lle rodea.


O curioso incidente do can á medianoite

Mark Haddon (Reino Unido, 1963) é escritor, ilustrador e guionista. Traballou algún tempo con persoas con discapacidades físicas e mentais. O curioso incidente do can á medianoite foi acollido con gran éxito, chegando a traducirse en 35 idiomas.