Exposición "Lugares para soñar"
O pasado mes de xaneiro inaugurouse a exposición de traballos da materia de Xeografía de 3º ESO "Lugares para soñar"
Mediante uns móbiles que colgaban do teito, os visitantes puideron sumerxirse nos moi diversos lugares do mundo cos que todos algunha vez soñamos. Entre os traballos atopamos información sobre a lonxana China, sobre as paradisíacas praias do Pacífico e do Índico, sobre fermosos desertos, mares e océanos ... Todo isto podémolo atopar no blog Antártida. Noraboa a todos estes pequenos e á vez grandes investigadores.