Skip to Content

Magosto 2024

Celebración do Magosto hoxe no instituto, coa degustación de castañas e diversas actividades. Grazas a todos/as que participaron!

Club de Ciencia - O camiño máis curto

Na primeira xornada deste curso do Club de Ciencia estivemos traballando a forma de atopar o camiño máis curto de ir dun punto a outro. A veces, o máis "obvio" pode non ser o correcto!

 

Grazas a todo o alumnado participante. Vémonos na seguinte!

Día das escritoras 2024

 

 

Durante a pasada semana, na biblioteca do Monte Neme, celebramos o Día das escritoras.

 

En tódolos espazos da biblioteca, destacamos obras de autoras de diversas épocas e estilos, e tamén expuxemos información e textos dalgunhas autoras. 

 

Ademais, parte do noso alumnado tivo a oportunidade de acudir á biblioteca a realizar actividades e ler obras de escritoras.

 

Esperamos que desfrutarades e sigades desfrutando da lectura de marabillosas escritoras.

FIOTeen ("DeseXo")

O alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe, dentro do FIOTeen, á interpretación de "DeseXo". Esta obra, dirixida por Diego Rey e interpretada por Marta Ríos e Dani Trillo, pretende reflexionar sobre a educación sexual na sociedade; cuestionando como a pornografía e as redes sociais están ocupando o espazo que debería corresponder ao fogar e aos centros educativos.

 

Despois da interpretación, o alumnado puido realizar un encontro coa compañía.

Día Internacional da Nena 2024

Conmemoramos o 11 de outubro, Día Internacional da Nena, colocando un mural elaborado polo alumnado no recibidor.

Abre Biblioneme

        

 

A biblioteca do Monte Neme xa está aberta a toda a comunidade educativa, cunha chea de libros, revistas, películas, xogos, e espazos para compartir. 

Nos próximos días, organizaremos aos nosos bibliotecarios voluntarios, que vos axudarán cos préstamos e coas vosas peticións.

Esperámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut