Skip to Content

Proxecto Makerspace Nemet

 Proxecto Makerspace Nemet


  Proxecto Ti2=i


 


 Proxecto automatización


  Proxecto ICT


 

 

Proxecto premiado na resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional.

O proxecto enmárcase no movemento Maker baseado na filosofía de facer para crear e expresarnos, para aprender e rendibilizar as nosas capacidades; compartir para acadar a plenitude de que o que se fai é útil aos demáis; participar relacionándose e formando equipas, medrando e desfrutando do traballo conxunto na solución de problemas. "Metodolóxicamente, tratase de deseñar e implementar de xeito esencialmente colaborativo proxectos educativos e profesionais dentro do que se coñece como APB (aprendizaxe baseado en proxectos)".

Deste proxecto, xurde o Aula Maker que pode considerarse o centro dun macroproyecto do instituto Monte Neme que o converteu no centro de referencia tecnolóxico da comarca. Todo ese conglomerado, no que están ou estarán a maior parte dos docentes e dos alumnos, aínda ten moito percorrido, unha innovación educativa que mestura de ferramentas, metodoloxías e tecnoloxía para facer máis activo a aprendizaxe.

 

 



panel | by Dr. Radut