Skip to Content

Club de Ciencia - Luns 25 de novembro

Física e Química - Electroscopio

Estes días, un grupo de 3º da ESO mostrou o funcionamento dun electroscopio en público, coa finalidade de explicar en que consistía o seu funcionamento. Tivemos bastantes espectadores e esperamos que lles gustase o espectáculo e aprendesen moito.

FP - Visita a CELSA

Co obxectivo de coñecer máis o mundo da siderometalurxia, o alumnado de 1º curso de Mecatronica Industrial e 2º de Mecanizado visitaron as instalacións da empresa CELSA, situada na Laracha.

Enreguéifate

Esta semana, contamos coa presenza de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira; os cales introducirán a arte da regueifa entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. 

O proxecto Enreguéifate pretende difundir a improvisación oral para promover o uso da lingua galega entre a mocidade.

Premios concurso de relatos de medo e logotipo EDLG

Entregados os premios dos concursos de relatos de medo e do logotipo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

 

Os primeiros premios do Concurso de relatos de medo recaeron en Noa Fraga García (mellor relato do 1º ciclo da ESO) e Salma Lamas Lagoa (mellor relato do 2º ciclo da ESO). Os accésits foron para Natalia Lavandeira (1º ciclo da ESO); e Marta Eirís e Issei M. Suárez (2º ciclo da ESO).

 

Pola súa parte, no Concurso do logotipo, o primeiro premio foi para Lara Fondo Santos (1º de Bacharelato). Os accésits recaeron en Aroa González Sanmartín e Berta Díaz Nieto.

 

Parabéns a todas e a todos pola súa implicación e a calidade dos traballos!

Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís - Premios

O grupo "Cambio Blanco", formado polos alumnos Abel Antelo, Raúl Lista e Javier Recarey (e coordinados pola profesoras Isabel Ramos e Adriana Varela), gañaron o 1º premio da categoría de ESO e Bacharelato do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido " Xosé Manuel Eirís", organizado polo Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).  

 

Realizaron unha fantástica interpretación da peza teatral de Fran Godón "Presos – Finlandia".

 

Agrademos a esforzo de todo o alumnado participante e agardamos que isto sexa un punto e seguido na nosa traxectoria neste certame de teatro.

Distribuir contido


by Dr. Radut