Skip to Content

Oferta formativa - Instalación e Mantemento

Famillia Instalación e Mantemento

CICLO SUPERIOR EN MECATRÓNICA INDUSTRIAL
 
Grao: Superior
Rexime: Dual intensiva
Horario: Mañá
Horas: 2.000
Código: ZSIMA03
Documentación: RD DOG DOC (Pendente de modificación)
 
Que se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

Cales son os módulos? (Pendente de modificación)

Modulo profesional Horas
Formación e orientación laboral (1º) 107
Procesos de fabricación (1º) 213
Representación gráfica de sistemas mecatrónicos (1º) 133
Sistemas eléctricos e electrónicos (1º) 213
Sistemas mecánicos (1º) 187
Elementos de máquinas (2º) 107
Configuración de sistemas mecatrónicos (2º) 140
Empresa e iniciativa emprendedora (2º) 53
Integración de sistemas (2º) 157
Procesos e xestión de mantemento e calidade (2º) 105
Simulación de sistemas mecatrónicos (2º) 70
Sistemas hidráulicos e pneumáticos (2º) 105
Proxecto de mecatrónica industrial (2º) 26
Formación en centros de traballo (2º) 384

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Mecatrónica industrial.

OFERTA MODULAR CICLO MEDIO EN MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO
 
Oferta modular parcial de 1º curso
Réxime: Dual intensiva
Horario: Tarde
Horas: 989
Código: MIMA03
Documentación: RD DOG DOC (Pendente de modificación)
 
 
Que se aprende a facer? 

Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.

En que ámbitos se traballa? 

En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea. 

Que ocupacións se desempeñan? 

Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

Empresas colaboradoras con oferta de prazas 

Empresa Localidade
Nauterra (Calvo) Carballo
Aislamientos San Juan
Carballo
Subrán Carballo
Glaucor Ponteceso
TMC Cancela Tordoia
Recambios Nogueira Ponteceso
Industrias Torres Golan Arteixo
Construcciones Lopez Cao Carballo
Reciclados Plásticos Carballo Carballo
Cerámica Campo A Laracha
Star Vending 2022 Cambre
Gefico (Galopín) Cerceda

Cales son os módulos desta oferta modular? (Pendente de modificación)

Módulos Horas
Electricidade e automatismos eléctricos  240
Formación e orientación laboral  107
Automatismos pneumáticos e hidráulicos 240
Montaxe e mantemento mecánico 210
Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico 192

Que título se obtén? 

Non se obtén ningún título. É unha oferta na que se obta a superar unicamente cinco módulos da titulación de Técnico en Mantemento Electromecánico.



panel | by Dr. Radut