EXPOSICIÓN DE 1º DE ESO SOBRE ESPAZOS E PAISAXES NATURAIS
O alumnado de 1º ESO A e B realizou uns traballos de investigación grupais para a materia de Bioloxía e Xeoloxía, nos que tiveron que elixir unha paisaxe deteriorada de Galicia, indagar sobre ela, e propoñer un plan para restaurala. Os traballos estiveron expostos no corredor das aulas de 1º ESO ao longo da 1ª avaliación.
EXPOSICIÓN NO MES DA CIENCIA EN GALEGO: TRABALLOS DE ALUMNADO DE 1º DE ESO SOBRE INVENTOS GALEGOS
En conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 1º ESO, nas aulas de Lingua Galega e Literatura, deseñou maquetas de coñecidos inventos galegos, ou realizou os seus propios inventos, expostos no Espazo Exositivo do noso centro ao longo do mes de outubro.
No documento adxunto se lles informa sobre aspectos transcendentais da viaxe de fin de etapa/curso de 4º ESO do IES Monte das Moas do curso 2022-23.
Entre as cuestións sobre as que se lles vai informar con respecto á viaxe están: o prezo total, as datas, o aloxamento e comidas, os itinerarios e visitas, o calendario de pago, as formas de pago,a posibilidade de un seguro de anulación voluntario, a documentación necesaria e obrigatoria, o profesorado acompañante,os datos da axencia de viaxes e da persoa responsable da axencia de viaxes.
Para acceder ao documento adxunto deben premer na seguinte ligazón:
O día 21 de novembro no recreo tivo lugarna Biblioteca do IES Monte das Moas a entrega dos premios dos microrrelatos ilustrados e banda deseñada de terror da convocatoria feita polo EDLG e polo Equipo da Biblioteca para a celebración do Samaín do 2022.
As persoas premiadas foron:
Manuela Díaz Real de 1º ESO C;
Lola Vieites de 1º ESO B, na modalidade de debuxo;
Mariano Salvador Carrillo Gómez de 2º ESO D;
Noa Varela Guzmán de 3º ESO D;
Alma Quing Ramas Corrales de 1º Bach B;
e Alberte Díaz Kirk de 1º Bach B, na modalidade de banda deseñada
Na modalidade de taboleiros de terror para decorar as aulas, resultaron gañadores os grupos de 1º ESO D e 1º ESO A:
Os días 13 e 14 de outubro tiveron lugar, organizadas polo Departamento de Debuxo e Artes Plásticas, dúas visitas, de 3º de ESO C e D, e 3º de ESO A e B, respectivamente, ao Museo de Belas Artes da Coruña para visitar a Exposición "Mirar, ver, percibir".