Skip to Content

PARTICIPACIÓN DE TELÓN DE AQUILES NO CERTAME DE TEATRO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O mércores 29 de maio no IES Rosalía Mera tivo lugar a participación de Telón de Aquiles na XXV edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Rosalía Mera organizado pola Deputación da Coruña.

Telón de Aquiles nesta ocasión representou a comedia clásica grega "As nubes" de Aristófanes, nunha adaptación máis cercana ao actual século XXI. A nosa compañía Telón de Aquiles, maxistralmente dirixida polo noso compañeiro, Rafael Alonso Pica, está composta no curso 2023-2024 polo seguinte alumnado: Álex Atán, Antonio Canosa, Valle Martínez, Luca Calvo, Ale Gallego, Julia Ramil, Anthony Rivas, Yordani Mateo, Irene López, Lena Ayerbe, Ian Iglesias, Mateo Iglesias e Daniel Collazo. Na representación Telón de Aquiles tivo o magnífico apoio musical de Dijo Cuatro, o grupo instrumental de Moas, dirixido na súa excelencia polo noso compañeiro Juan Dios Cañada. Nesta ocasión a formación de Dijo Cuatro estivo formada polos seguintes alumnos e alumnas: Tomás Fernández, Alberte Díaz, Carmen López, Paula Rodeiro e Adrián López.

 



page | by Dr. Radut