Skip to Content

REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "AS NUBES" DE ARISTÓFANES POR TELÓN DE AQUILES NO SALÓN DE ACTOS DE MOAS.

O luns 27 de maio de 2024 tivo lugar a estrea da nova produción teatral de Telón de Aquiles cunha dobre representación no Salón de Actos do noso centro da comedia clásica grega "As nubes" de Aristófanes, nunha adaptación máis cercana ao actual século XXI. A nosa compañía Telón de Aquiles, maxistralmente dirixida polo noso compañeiro, Rafael Alonso Pica, está composta no curso 2023-2024 polo seguinte alumnado: Álex Atán, Antonio Canosa, Valle Martínez, Luca Calvo, Ale Gallego, Julia Ramil, Anthony Rivas, Yordani Mateo, Irene López, Lena Ayerbe, Ian Iglesias, Mateo Iglesias e Daniel Collazo. Nas representacións Telón de Aquiles tivo o magnífico apoio musical de Dijo Cuatro, o grupo instrumental de Moas, dirixido na súa excelencia polo noso compañeiro Juan Dios Cañada. Nesta ocasión a formación de Dijo Cuatro estivo formada polos seguintes alumnos e alumnas: Tomás Fernández, Alberte Díaz, Carmen López, Paula Rodeiro e Adrián López.

Aquí tedes unha selección de fotografías da estrea.

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut