Skip to Content

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE MÚSICA GALEGA E MÚSICA GALEGA NOS RECREOS.

No mes de maio de 2024 o EDLG coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Departamento de Xeografía e Historia botou a andar un proxecto no que participou o alumnado desde 1º ESO ata 1º Bacharelato.

O alumnado deseñou cartolinas sobre artistas e grupos de música en galego de todos os xéneros nas que incluíron un código QR que leva a unha canción dese grupo que cada persoa escolleu. A exposición puidose visitar nos corredores do Instituto durante o mes de maio.

Durante os recreos e á saída do instituto durante o mes das Letras Galegas soaron as cancións seleccionadas polo alumnado para darlle visibilidade ao enorme potencial da música galega actual.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut