Secretaría
Probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos. 2024
Enviado por Secretaria o Mér, 17/01/2024 - 05:16Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2024. DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024.
Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal
e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal
Prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será:
Primeira Convocatoria: do 5 ó 21 de febreiro de 2024.
Segunda Convocatoria: do 8 ó 19 de abril de 2023.
Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:
Centro EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106
Data das probas, en sesións de maña e tarde, no centro de inscrición:
Primeira Convocatoria: 12 de abril de 2024
Segunda Convocatoria: 7 de xuño de 2024
Horario:
A sesión de mañá terá dúas partes:
Na primeira parte, das 9:30 ás 12:00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que incúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, das 12:15 ás 13:15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual e Música.
Na sesión de tarde, das 16:00 ás 19:00 horas, realizarase a proba do ámbito de comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos das materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2024
Enviado por Secretaria o Mér, 10/01/2024 - 05:41Toda a información na páxina de FP: http://www.edu.xunta.gal/fp
Ligazón á aplicación informática para solicitar a inscrición: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas
Guía do asistente informático para cubrir a solicitude de inscrición. Pinchar aquí
MATRÍCULA 1º CURSO CICLOS FORMATIVOS. Documentación e impresos matrícula
Enviado por Secretaria o Mér, 19/07/2023 - 05:24Documentación a presentar para a matrícula nun Ciclo Formativo:
q Fotocopia do DNI do alumno
q Fotocopia da tarxeta sanitaria
q 2 fotos tamaño carné
q Certificación académica de acceso ó ciclo
q Se é menor de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar a nome do alumno (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028
q Autorización de imaxe (todos os alumnos): Pichar aquí
q Autorización saídas (sólo alumnado menor de idade): Pincha aquí
- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Ordinario)
- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Adultos)
- Impreso matrícula ciclo superior Ensinanza e Animación Sociodeportiva
- Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental
RECOLLIDA VALES MATERIAL ALUMNADO ESO PARA CURSO 2023-2024
Enviado por Secretaria o Xov, 13/07/2023 - 06:56Xa están dispoñibles os vales de material do alumnado de ESO que o solicitou para o curso 2023-2024.
Podedes pasar a recollelo por Secretaría en horario de 9:30 h. a 13:30 h.
IMPRESO DE MATRÍCULA PARA 1º BACHARELATO
Enviado por Secretaria o Mar, 04/07/2023 - 04:01O prazo de matrícula para 1º de Bacharelato será o xoves 6 e venres 7 de xullo de 2023
Documentación a presentar:
- Fotocopia DNI alumn@
- Fotocopia Tarxeta Sanitaria
- 2 fotos tamaño carné
- Para alumnos non procedentes do IES Monte Castelo, certificación académica dos estudos que lle dan acceso ó Bacharelato
- Xustificadnte de pago do seguro escolar a nome do alumn@ (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028
- Autorizacións asinadas
Descargar impreso de matrícula 1º Bacharelato. Pinchar aquí
Descargar autorización saídas centro: Pinchar aquí
Descargar autorización imaxe: Pinchar aquí
PRAZOS MATRÍCULA CURSO 2023-2024
Enviado por loli o Ven, 23/06/2023 - 06:01PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024 NO DOCUMENTO ADXUNTO
ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por loli o Lun, 16/01/2023 - 08:48-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PINCHA NO ENLACE:
ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2023-2024
O IES Monte Castelo mobilízase pola supresión dunha praza de auxiliar administrativo
Enviado por Amalia o Xov, 12/05/2016 - 05:15Novo número de teléfono do IES Monte Castelo
Enviado por Anónimo o Xov, 31/03/2016 - 07:38Novo número de teléfono do IES Monte Castelo
O IES Monte Castelo cambia de número de teléfono e fax a partir do 1 de abril de 2016. Estes son os novos números:
Teléfono: 982 82 82 41
Fax: 982 82 82 55
Rúa do Ril, s/n - 27880 Burela
email: ies.monte.castelo@edu.xunta.gal
Pax. web: www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo