MATRÍCULA ABAU PARA OS ALUMNOS QUE APROBAN 2º BACHARELATO en XUÑO de 2024
CURSO 2023/24
Alumnos bacharelato
Os alumnos de 2º de bacharelato que aproben todas as materias en XUÑO de 2024, antes de matricularse para a ABAU teñen que facer o depósito para o TÍTULO DE BACHARELATO.
Importante: O pago do título ten que facerse a partir da data de avaliación (15 de maio de 2024)
Documentación necesaria:
· Fotocopia DNI
· Recoller na secretaría do centro un impreso para pagar nunha entidade bancaria a seguinte cantidade:
Ordinaria: 54 €
Familia Numerosa: Categoría xeral: 27,03 € - Categoría especial: 0 € (TRAER FOTOCOPIA CARTILLA Fª Nª. actualizada).
Tamén se pode realizar o pago telemático dende a web de Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA):
Os códigos para cumplimentar o impreso son os seguintes:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ...................................... Código: 07
Delegación de Servizos Centrais .................................................................................. Código: 13
Servizo de Ensino Medio ............................................................................................. Código: 03
Taxa: denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes as
ensinanzas establecidas pola LOE ................................................................................. Código: 302003
Obxecto da taxa: Título de Bacharelato
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Para matricularse na ABAU os aprobados en MAIO 2023 (Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Universidade):
Matrícula: 17 de XUÑO de 2024 (horario 9:15 a 13:45)
Lugar: Secretaría do centro.
Documentación necesaria:
· Resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito do título de bacharelato.
· Cubrir impreso de matrícula da ABAU, que facilita o centro ou que se atopa nun arquivo adxunto.
· Impreso de prematrícula que lle será entregado por parte de secretaría para que o alumnado comprobe os seus datos persoais e académicos. Logo da súa comprobación, o alumno/a debe entregalo asinado xunto co resto da documentación no momento de matrícula na ABAU (comprobar tlfno. móbil e e-mail e comunicar os erros en secretaria)
· Recoller na secretaría do centro ou descargar e cubrir o impreso de taxas da ABAU para pagar na entidade bancaria elexida a seguinte cantidade:
- Matrícula ordinaria: 63,67 €
- Familia Numerosa 1ª - 2ª Categoría Xeral: 31,84 € (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª. actualizada)
- Familia Numerosa Honra-Especial: GRATUITA (Traer fotocopia da cartilla de Fª Nª actualizada)
- Persoal das Universidades do SUG (*): GRATUITA
(*) Serán beneficiarios de matrícula gratuíta o persoal docente e de administración e servicios, así como o seu cónxuxe e fillos, das Universidades do SUG . A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos servicios de persoal e por medio da Fotocopia do libro de familia.
- Persoas con discapacidade ≥ 33%, victimas actos terroristas ou victimas de violencia de xénero: GRATUITA. Acreditarase mediante resolución administrativa.
Información sobre a ABAU e acceso a universidade: http://ciug.cesga.es
Adxunto | Tamaño |
---|---|
impreso_taxas_ABAU_bach_2024.pdf | 179.6 KB |
impreso_matricula_ABAU_bach_2024.pdf | 279.3 KB |