Charla para captar emprendedores

O venres 19 de ourubro de 2012 a Cámara de Comercio organizou unha charla no IES Monte Castelo en colaboración co departamento de Orientación para captar emprendedores. Esta iniciativa o que busca é promover a vocación e aproveitar o potencial de alumnos con perfil emprendedor que desexen xestionar o seu propio negocio, así como aumentar a capacidade de transferir o coñecemento en proxectos xeradores de novas riquezas e novos postos de traballo.