Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Septembro 04, 2024
Start: 04/09/2024 10:49

Comezo das clases da ESA e do Bacharelato de Adultos o venres 13 de setembro.

As clases da ESA comezarán as 16:00 h e as clases do Bacharelato de Adultos no horario específico das materias (pincha aquí para ver o horario).

Bo inicio de curso a todos!

 

Luns Septembro 09, 2024
Start: 09/09/2024 13:28

O acceso aos cursos na Plataforma de teleformación de FP a distancia realizarase a través de https://fpadistancia.edu.xunta.gal. Para elo, o alumnado deberá dispor dunha conta de correo corporativa de edu.xunta.gal (ou edu.xunta.es) coa cal autenticarse.

No caso de que o/a alumno/a non dispoña dunha conta de correo de edu.xunta.gal, unha vez que se realiza a matrícula en Xade, un proceso automático enviará un correo electrónico coas instrucións para a activación da súa conta de correo.

O alumnado deberá completar o proceso de activación da súa conta de correo electrónico seguindo as instrucións recibidas por correo electrónico.

Nun prazo de 48 horas desde o momento en que o alumnado complete o proceso deactivación da súa conta de correo electrónico, poderá acceder aos cursos correspondentes aos módulos nos que está matriculado.

A presentación do ciclo será, de xeito presencial, o xoves 12 de setembro as 16:00 h, na aula de usos múltiples do centro. Así mesmo, para os que non lles sexa posible asistir presencialmente, haberá unha presentación online a través da plataforama de teleformación.

Mércores Septembro 11, 2024
Start: 11/09/2024 10:30

Aviso para todo o alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais.

A presentación presencial do ciclo será o próximo xoves 12 a 16:00 h na Aula de Usos Múltiples do centro. 

Tamén haberá unha presentación online para todos aqueles alumnos/as os que non lles sexa posible asistir presencialmente. Esta presentación realizarase a través da plataforma de formación as 17:00 h do xoves 12 de setembro.

O alumnado que ainda non pode acceder a plataforma de formación debe chamar ou enviar correo o centro para recibir instruccións de como proceder.

Bo comezo de curso!

 

Distribuir contido