ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL PARA O ALUMNADO
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación ven de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
A competencia dixital é unha das competencias clave que se avalían no sistema educativo e a súa acreditación constitúe un dereito do alumnado ao fin da súa educación secundaria. Neste sentido, dentro do Marco galego de competencias dixitais, tense establecido que o alumnado que remata os seus estudos de secundaria coa obtención dos títulos correspondentes, recibirá de oficio as acreditacións correspondentes:
a. coa obtención do título de ESO: acreditarase de xeito automático a competencia dixital no nivel de INICIACIÓN
b. coa obtención do título de Bacharel: acreditarase de xeito automático a competencia dixital nas áreas 1, 2, 3 e 5 no nivel INTERMEDIO.
Aparte destas acreditacións, o alumnado dos niveis educativos de 4º ESO e de 2º Bacharelato interesado en acreditar o nivel INTERMEDIO da competencia dixital en todas as áreas, pode facelo a través dunha proba oficial que se realizará no propio centro de ensino nos meses de abril (2º BACH) e maio (4º ESO).
Toda a información necesaria sobre as probas e contidos das probas está na propia Resolución do 28 de febreiro
Outros enlaces de interese con información sobre as acreditacións e as probas:
Portal da Consellería de cultura: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
Portal da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centros/xerenciaproxectos/competenciasdixitaisalumnado
Modelo de proba: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/3305/pregunta/1/popup