How much do you know about British culture?
A semana pasada recibimos a visita de Damien Sheehy, da Editorial Burlington, que impartíu unhas clases sobre cultura británica para alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO. Foron unhas sesións moi emocionantes nas que o alumnado puxo a proba os seus coñecementos e participou moi activamente. Grazas, Damien, por estas interesantes xornadas!