AVISO IMPORTANTE RECUPERACIÓNS
Alumnado de 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía e alumnado de 1ºBAC Anatomía aplicada:
Lembrade que hoxe día 8 de Xuño ás 23.59h remata o prazo de entrega dos cadernos de recuperación que recibíchedes no voso correo electrónico (non están colgados neste blogue, os tedes no voso correo). Tede en conta que:
- A partir da hora indicada (23.59h) non se recollen cadernos de recuperación, quedando a cualificación desta actividade de recuperación como "non presentada".
- As entregas deben facerse nos enderezos electrónicos correspondentes de cada materia (no mesmo enderezo onde entregades habitualmente as actividades e desde onde recibíchedes o meu correo coas instrucións da recuperación). Senón se entregan cumprindo esta pauta tamén se consideran "non presentado".
- É obrigatorio seguir as pautas que aparecen recollidas no caderno. Como se indica nesas normas, o seu incumprimento implica a non avaliación das actividades.
- É preferible que enviedes o caderno en formato PDF. No caso de envialo como imaxe, estas deben ser perfectamente lexibles para poder cualificalas.
O venres 12 de Xuño farase o cuestionario en liña a través da plataforma quizizz. Para iso recibiredes un enlace no voso correo electrónico a través do cal teredes que cubrir o cuestionario. Seguirase o seguinte horario de obrigado cumprimento (de non respectar os horarios, a cualificación será "non presentado":
- 1ºESO Bioloxía e Xeoloxía: de 10 a 11 da mañá (o enlace envíase ás 9.30)
- 1ºBAC Anatomía aplicada: de 12 a 13 da mañá (o enlace envíase ás 11.30)
Un saúdo