1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 05/06/2020
Bo día!
Tedes en arquivo adxunto a actividade proposta. Son 5 casos clínicos nos que tedes que facer un diagnóstico (a pista é que todas as patoloxías asociadas aparecen no libro de texto, polo que non é necesario que consultedes na rede. Debedes ser quenes de facelo empregando soamente o libro. A patoloxía pode estar asociada a calquera dos sistemas vistos durante este curso).
Sede precisos e concisos. En cada caso tedes que indicar:
- Sistema implicado
- Patoloxía diagnosticada.
- Xustificación desa patoloxía en base aos síntomas de cada caso que vos aparecen recollidos no documento adxunto.
Calquera dúbida a respondo por correo electrónico.
O prazo de entrega, tanto para 1ºBAC A como 1ºBAC B, é o mércores 10 de Xuño. En ambos grupos ese día temos clase en liña.
Pasade boa fin de semana!
Un saúdo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
urxencias.pdf | 351.43 KB |