Skip to Content

Hai vida na Biblioteca

Se te atreves...Le!

Desde o Equipo da biblioteca propoñémosche unhas cantas lecturas para estes días.  E tamén, por se prefires, escollemos algún filme. Lembra que podes solicitar estes libros, e máis, na nosa Biblioteca Miraflores.

Temos varios libros ilustrados e incluso  temos dous libros ilustrados creados polo alumnado de 1 ESO a partir do libro Cartas de inverno. de Agustín Fernández Paz. Son os seguintes:

La pequeña Bruja – Benjamin Lacombe e Sebastián Perez

Violeta quiere ser vampiro – Ramon.D. Vieja e David Sierra

Louis entre fantasmas – Fanny Britt e Isabelle Arsenault

Frankenstein- Meitxell Vibas

Trasmallo. A Santa compaña. Gochi

Versos para musas e catro contos de Edgar Allan Poe

Sábanas, Brenna Thummler

El fantasma de la casa de al lado, Iñaki r. Díaz

Damned. Writers, Ángel A. Svoboda

Mortiña. O amigo pantasma. Bárrbara Cantini

O noso Samaín. Loretta Birott Bermejo.

Esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg

 

Que che parece ler  unha obra que se segue representando nestas datas: Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Tampouco faltan os clásicos do terror: O caso de Charles Dexter Work- H.P.Lavecraft ou El escarabajo de oro y otros cuentos. Edgar Allan Poe. En galego temos unha selección en O relato fantástico. De Poe a Lovecraft. Escrito en portugués podes ler Saga. Sophia de Mello Breyner Andresen. E dos autores clásicos da literatura galega ofrecémosche Retrincos e Un ollo de vidrio, escritos por Castelao e Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.

Dispoñemos de libros de literatura xuvenil, como A pantasma taelefónica, de Xabier A. Barreiro Liz. Algúns deles tiveron moito éxito. Foron Conta saldada, de Suso de Toro; De como santo dos croques se fai peregrino, de Pepe Carballude. E que dicir da querida Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, ou dos tres irmáns fantasmas de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras. Tamén dispoñemos de Luces de Setembro de Carlos Ruiz Zafón na edición en castelán e en galego.

 Recomendámosche Cando petan a pola pola noite- Xabier P. do Campo, libro do que temos varias edicións diferentes porque tivo moito, éxito porque dá moito medo.

E do inmenso Agustín Fernández Paz temos unha ampla oferta: Cartas de inverno, Aire negro, A neve interminable, A casa do medo, Malos tempos para os Fantasmas, Un tren cargado de misterios, Tres pasos polo misterio, As fronteiras do medo.

 Se prefires ver un filme, podes solicitar algún destes: Coco- Fixar. FranKestein - Mary Shellay de Kenneth Branagh ou La habitación del pánico- Jodie Foster

 

Receitas de Samaín

 

 

24 DE OUTUBRO, DIA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca. Esta data foi proposta en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no 1992 durante o conflito balcánico pola “Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” e apoiada polo Ministerio de Cultura.

Este curso co lema “BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCEA!" arrancamos o noso traballo e convidamos a todo o noso alumnado a desfrutar da nosa colección de TEATRO e de todos os nosos fondos que cada ano aumentamos e potenciamos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut