Skip to Content

Alumnado protagonista

Latexos Morados

O alumnado de 3º ESO quixo contribuir a darlle visibilidade ao Día da muller co deseño deste cartel que titularon "Latexos Morados" porque segundo expresaron:

"Todos os corazóns teñen que estar concienciados e entender que é o feminismo e o que significa. As bolboretas representan unha “metamorfose” sobre as ideas que hai na sociedade, é dicir, nalgún momento da nosa vida deberiamos reflexionar sobre a sociedade na que vivimos e o mundo que queremos e loitar por iso xuntas e xuntos; por un mundo cheo de corazóns con latexos morados".


Autoría: Pablo Yebra, Carmen Vales, Ainhoa Mañana, Raquel De Santiago, Ana Dos Santos, Iria Souto, Mariana Caracas e Sara Fernández.

Avances na medicina. Intelixencia artificial.

Imi e Alba entrevistan a Enrique Freire para falar das últimas noticias da aplicación da intelixencia artificial na medicina.

No seguinte ENLACE podedes acceder á entrevista

Donas de si

A“V Carreira da Luz” promovida polo IES Miraflores recadou 6.100€ para a Fundación Diego González Rivas

O pasado venres 21 de abril, unhas 400 persoas de todas as idades participaron na carreira popular que por quinto ano consecutivo impulsou o noso centro.

Queremos, xa que logo, darvos as GRAZAS a todos e a todas, corredores /as, colaboradores/as, voluntarios/as, patrocinadores/as, entidades, empresas...porque sen a vosa axuda, non sería posible levala a cabo.

Somos conscientes de que hai moitas cousas que mellorar.Tomamos nota e admitimos suxestións para vindeiras edicións,pero tamén estamos satisfeitos,posto que  o obxectivo principal está máis que acadado: A SOLIDARIEDADE E O TRABALLO EN EQUIPO,unha das máximas que impera no IES Miraflores.

Co fin de recadar fondos, promover un estilo de vida saudable e  fomentar a coperación entre as personas, o noso instituto leva organizando dita  carreira solidaria dende hai anos.

Diferentes actividades: mercados solidarios, inchables, degustación de produtos caseiros con chocolate quente elaborado pola ANPA, uns speakers do máis animado e moita música, amenizaron o evento, que acabou conveténdose nunha  grande festa solidaria.

Nesta ocasión a liña de colaboración solidaria téndese coa FUNDACIÓN DIEGO  GONZÁLEZRIVAS,entidadeconselogalego,recentementeconstituída,queten  comoobxectoainvestigaciónmédicaeque  leva  o  nome  do  cirurxiáncoruñés  que,desdefaimáisdunhadécada,  opera  en  todo  o  mundo  a  persoassenrecursosatravésdasúatécnicadecirurxíaUniportalVATS.

 

E aí  é onde toda a comunidade educativa do IES Miraflores puxo o seu gran de area.

Os 6.100 euros recadados este ano, grazas á xenerosidade de todos vós, participantes e colaboradores, permitirán salvar moitas vidas.

A vosa solidariedade xunto  co apoio incondicional do  Concello de Oleiros e das máis de 50 empresas e entidades varias  que a continuación pasamos a detallar, fixeron posible cumprir o noso reto: DAR LUZ á vida da xente enferma que tanto o necesita…

GRAZAS:

Anpa Miguel Hernández, Toyota Material Handling, Salón Diude de Compostela, Sup Mera,  Eroski-Vegalsa,Fundación Deporte Galego, HLB Grupo Jim Sports, Club Thriathlon Fogar Oleiros,  Abanca, Grupo Hostaleiro Asueto, Auditel,Progando,Urban Planet,Abanca,Estrella Galicia, Viaxes Sierra, Galitelco, Librería Sisargas , Panadería Román, Grupo Montesqueiro... Alfinte,Barbería Dman, Bodegas Míllara, Bolboreta libraría, Casa Amodiño (Belesar) Chartimia, Club Fogar Triatlón, Cosméticos de la rosa CRC(obras y servicios), Cruz y Mora, Estrella galicia 00, Farmacia Pablo Durán, Ferretería Liáns, Fiodemartié,Floristería Alba,Frutería La Huerta; Fundación Deporte Galego, Insoepan electricidad, Logopeda Sofía Feás García, Mahashakti, centro yoga integral,Manguz Mapfre seguros,Multijungla, Óptica santa cruz, Panadería Román,Paperazzi, Pombo, Quercus  artesanía y regalos, Restaurante Quinito (Barrañán),Ricardo Rilo,Soledad Fuentes Espacios de belleza,Soucos Clínica de Santa Cruz, Tarabela roupa e complementos…

 

Moitísimas grazas a todos e todas e emplazámosvos xa á VI CARREIRA DA LUZ que se celebrará o vindeiro curso 2023/24!!!!!

No seguinte enlace pódese acceder ao vídeo da carreira, elaborado por Martín Regueiro Días

Entroido 23

O venres 17 de febreiro celebramos o antroido no IES Miraflores.

Clicando na seguinte imaxe pódense ver as fotografías que fixemos durante esa actividade.

Se alguén quere facilitar máis fotografías, pode envialas a vicedireccion@iesmiraflores.gal

 

Avances na medicina. O trasplante de corazón.

Neste audio, Lucía, Inés e Santi entrevistan a Enrique Freire sobre un dos artigos que publicou no Blog da Biblioteca Miraflores. Enrique escribiu unha serie de cinco artigos sobre a súa visión persoal dos que foron grances avances da medicina. Nesta entrevista falan sobre Christian Barnard e o trasplante de corazón.

Barnard.Trasplantes

TALENTOS INCLUSIVOS 2021-2022

A alumna do centro ALICIA FONTENLA LLAUDES participa na Domus de A Coruña no acto de presentación da segunda edición de TALENTOS INCLUSIVOS.

Pulsando sobre a imaxe pódese ver a intervención da nosa alumna

Talentos Inlcusivos pretende espertar vocacións STEM entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.

Este proxecto, desenvolto desde o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE é apoiado polo Consello Social da Universidade da Coruña e promovido pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Ciencia ( FECYT) .

O IES Miraflores participa por segundo ano nesta inicativa co alumnado de 3º da ESO en adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=7J9O6aVzAtM

Graduación alumnado de 2º de bacharelato Promoción 2020-2021

O pasado venres 18 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado que cursou 2º de bacharelato este ano académico.

Por vez primeira celebrámolo na pista cuberta anexa ao recinto do IES Miraflores, cun éxito de asistentes. Todo  foi planificado e levado a efecto cunha precisión milimétrica.

Cómpre felicitar ao alumnado homenaxeado despois deste curso tan complicado.

No seguinte enlace pódese acceder a todos os arquivos do acto dos que dispón o centro.

Moita sorte a todos/as no futuro.

Vídeo de Obradoiro Musical

O alumnado de 1ºESO que cursos a materia Obradorio Musical de 1ºESO durante o curso 2020/21 elaborou un vídeo musical no que se pode apreciar o moito que teñen aprendido durante este complicado ano.

No seguinte enlace pódese ver o vídeo.

 

Concurso Olla a Palabra do Día!

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocaron, a través do Portal das Palabras e en colaboración co colectivo docente Galiza Visual, o Concurso Olla a Palabra do Día! dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria e ESO de todos os centros educativos de Galicia.

Neste concurso uns alumnos de Plástica de 4º ESO foron galardoados co primeiro premio da
súa categoría.

Os traballos presentados foron os dedicados ás palabras da semana dedicada ao “Día da Nena” e ao “Samaín”. Este último mereceu o primeiro premio da categoría de Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

Parabéns!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut