Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Iniciación ao uso de Calc (follas de cálculo) para STEMbach

Os dous últimos martes o alumnado Stembach realizou un minicurso de iniciación ao uso de follas de cálculo onde, coa axuda de José Luis Domínguez, aprenderon os conceptos básicos de traballo con datos neste tipo de aplicacións.

Disección dun corazón

Ao longo deste mes o alumnado de 3º da ESO asistiu na Domus á actividade "Disección dun corazón". Nela puideron refrescar os seus coñecementos sobre a anatomía e o funcionamento deste órgano. Contestaron tamén un cuestionario baseado na exposición "Bocados", sobre temas de alimentación e nutrición e, o tempo restante, o adicaron a percorrer o museo e facer as actividades que resultaban do seu interese.

STEMbach - Charla do doutor Andrés Soage: Intelixencia artificial e outras prácticas

Na sesión desta semana de STEMB visitounos o Dr Enxeñeiro Manuel Andrés Soage, que nos falou das posibilidades do hidróxeno como almacen de enerxía, e comprobamos a enerxía das explosións do hidróxeno cunha práctica in situ, de como aprenden as máquinas a imitar o noso comportamento, botando unha partida a "pedra-papel-tesoiras" cunha intelixencia artificial e da simulación de comportamentos celulares con modelos matemáticos de pautas sinxelas, observando como se moven sobre unha matriz 2D ou 3D "células dixitais artificiais".

Aprendemos na Natureza (O Courel) - Bioloxía 1º de bacharelato

Os pasados días participamos co alumnado de 1º Bacharelato na actividade “Aprendemos na Natureza”. Visitamos o museo xeolóxico de Quiroga guiados por Moncho, coñecemos as microreservas de orquídeas na compañía de Marcos, camiñamos a Devesa da Rogueira, xunto a Fran, Brais e Jero e desfrutamos da sabrosa cociña de Maribel e Dolores. Durante 3 días convivimos, coñecemos algo da súa flora e fauna así como da historia, cultura e das xentes da Serra do Courel: Parque Natural, XA!

Roteiro polo encoro de Cecebre (COAWA)

Antes das vacacións de Semana Santa, todo o alumnado de primeiro da ESO puido desfrutar dun roteiro ao aire libre polo encoro de Cecebre. Guiados por expertos, os estudantes puideron avistar unha ampla variedade de aves, observar a riqueza florística da zona e mesmo observar algúns dos seus habitantes máis ilustres.

De Bastiagueiro á computación cuántica

O martes 27 de febreiro na bilbioteca do IES Miraflores disfrutaremos dunha charla a cargo de Antón Rodríguez, experto en computación cuántica para o alumnado do STEMbach.

Á charla están invitadas todas as persoas interesadas no tema.

O comezo está previsto para ás 16:30

Día da muller e a nena na ciencia

A semana do 11 de febreiro celebramos o día da muller e a nena na Ciencia. O luns 5 realizamos un taller de bioadsorción de elementos contaminantes guiados por Xanel Vecino, profesora e investigadora da Escola de Enxeñaría industrial da Universidade de Vigo. O alumnado de Cultura Científica de 1º Bach preparou esférulas de adsorción de alxinato de calcio e comprobaron a súa eficacia retirando sulfato de cobre. Este proceso, a escala industrial, permite retirar contaminantes de difícil separación en tratamentos de augas e verquidos de industrias como a agroalimentaria, coa que Xanel e o seu equipo están a aplicar os resultados da súa investigación.

Visita ao CITEEC Stembach 2023/24

O martes 23 de xaneiro visitamos, co alumnado Stembach, as instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Acompañados da enxeñeira, Gemma Rojo, coñecemos catro laboratorios de ensaios sobre materiais e estructuras: Un túnel de vento, unha darsena, na que se simula o efecto da ondaxe sobre as infraestructuras portuarias, o laboratorio de construcción, no que poñen a proba a resistencia dos materiais, e o laboratorio de hidráuloca, que conta cun modelo a escala da instalación de abastecemento de augas da Coruña e varios simuladores de chuvia.

Vipers in the city

Na sesión de Stembach do día 16 de xaneiro contamos coa presencia de Ismael Espasandín, Biólogo e investigador que codirixe un proxecto de estudo e divulgación da víbora de Seoane, especie endémica do norte ibérico.

Con Ismael coñecimos como viven, de que se alimentan, como e cando se reproducen e o importante papel que estes animais, inxustamente odiados, xogan nos nosos ecosistemas, así como a importacia e responsabilidade da conservación dos seus hábitats e das súas poboacións.

Vipers in the city

Distribuir contido


by Dr. Radut