O día 19 de novembro fixeron entrega dos premios do VI Concurso de Debuxo “Picasso coruñés”. O concurso propón que o alumnado reactualice as follas de xornal que creou Picasso adolescente os anos que viviu na Coruña. Os artigos do noso alumnado foron realizados durante o confinamento e esta experiencia aparece reflexada neles.
O acto de entrega tivo lugar na Casa museo de Picasso, a casa na que viviu na rúa Paio Gómez, cerca da Praza de Pontevedra e do instituto no que estudou e onde seu pai daba clase de debuxo. Todos os traballos premiados permanecerán expostos na casa museo ata fin de ano.
Os accésits na categoría de 1ESO e 2ESO foron para Inés Fernández Romero, cun traballo titulado “A torre de Hércules na soidade” sobre o peche da torre durante o confinamento.
E para Breixo García López con “O camiño á esperanza” sobre
Isabel Zendal e a Expedición Balmes que levou a vacina da varíola a América.
Accésit na categoría de 3ESO e 4ESO para:
-Laura Correia Sánchez cunha primeira páxina titulada O Mundo, e un artigo “A pandemia do século XXI”, compostos á modo de xornal clásico e cun debuxo moi ilustrativo da pandemia.
-Lorena López García que fala das tendencias que poden basearse na obra de Picasso, mesmo na cosmética.
-Miguel Loureiro cunha magnífica e colorida caricatura de Picasso, un rótulo coa tipografía inspirada no cubismo e un texto de información e opinión sobre este artista.
Mar Barreiro gañou o primeiro premio de narrativa coa plana La voz de Picasso, realizado en branco e negro e que nos trae á memoria o Guernica, un cadro que naceu dunha guerra, e a metáfora da guerra que estamos librando contra a pandemia.
Parabéns e que sigan coa paixón polo debuxo e a arte!