Skip to Content

Secretaría

Resolución definitiva Becas 23-24

No arquivo adxunto está a resolución definitiva da convocatoria de becas 23-24.

Na seguinte dirección pódense consultar as resolucións e listados:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

 

O prazo de presentación de recurso de reposición iníciase o día 21 de marzo e remata o 22 de abril de 2024

AMPLIACIÓN DE AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Publicada no DOG do día 14 de outubro a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar.

As familias poden recoller o vale de 25€ no centro, tendo en conta que deberá ser o/a solicitante ou adulto/a debidamente autorizado/a. Non hai que facer trámite ningún, abonda con ter recibido anteriormente o vale de 50€ para  axuda de material.

O vale debe empregarse preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

Transporte escolar

No taboleiro de anuncios do IES Miraflores está publicada a listaxe de admitidos no TRANSPORTE ESCOLAR para o curso 2022/23.

 

O alumnado admitido ten indicado un número de orde. O alumnado que aparece na listaxe con un asterisco (*) non ten praza no transporte escolar.

Subvención Concello de Oleiros ano 2022

Publicada lista definitiva de Fondolibros

A lista definitiva coa asignación de libros por alumno pode ser consultada no taboleiro de anuncios do instituto. Os libros de 1º e 3º de ESO serán repartidos en setembro cando as editoriais e/ou librerías os subministren.

Os libros de 4º da ESO estarán a disposición das familias o xoves 28 de xullo de 11:00 a 13:00 horas. É importante que, se non pode vir o solicitante, facilite unha autorización asinada onde figure o seu nome e DNI así como o da persoa autorizada e o seu DNI.

Como as existencias de libros de 2º de ESO son insuficientes para o reparto, estamos á espera de recibir os que están encargados para comunicar a data de entrega. O máis posible é que sexa tamén en setembro xunto cos de 1º e 3º.

Os vales para adquirir material escolar poder ser recollidos en horario de 9:00 a 14:00 pola persoa solicitante ou por que estea debidamente autorizado.

FONDO LIBROS

Publicación da LISTAXE PROVISIONAL de admitidos e excluídos en FONDO LIBROS.

Pódese consultar no taboleiro do IES Miraflores

FONDOLIBROS 2022/23 ALUMNADO ESO

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €

  •        6 LIBROS
  •         AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 50 €

RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 €

  •         4 LIBROS

 

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

  •         RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €240 €
  •         RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 € 160 €

ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA OU CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

 

  •         6 LIBROS E AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL CON INDEPENDENCIA DO NIVEL DE RENDA

 

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2020)

  •         Cando houber declaración IRPF 2020: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
  •         Certificado de imputación de rendas se non houber declaración.

PRAZO PRESENTACIÓN

  •         DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2022

 

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •         Anexo I (SOLICITUDE)
  •         Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)
  •        Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorcio sentencia xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia.
  •        Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.
  •         Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  •         Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  •         Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  •         Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

PRESENTACIÓN

  •         OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

IMPORTANTE

  •         Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar a artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar.
  •        A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria  a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro.
  •         A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado.
  •         O alumnado que repita 4º ESO no curso 2022/2023 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

  •         11 DE XULLO DE 2022

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

  •         22 DE XULLO DE 2022

 

 

 

MOI IMPORTANTE - ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 1º ESO.

 

OS POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES EN 1º DA ESO NO IES MIRAFLORES PARA O CURSO ESCOLAR 2021/2022 NON SON SUFICIENTES PARA SATISFACER A DEMANDA EXISTENTE DE SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS, POLO QUE TODAS AS FAMILIAS DEBERÁN PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO 1 AO 22 DE MARZO

 

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

1º ESO

74+9 (*)

 

 

 

(*) RESERVA DE POSTOS ESCOLARES PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

 

Artigo 3. 2. En todo caso para escolarizar ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, deberá reservar tres postos escolares por unidade, nos seguintes cursos: 4º de educación infantil, 1º de educación primaria e 1º de educación secundaria obrigatoria.

 

Artigo 39. 2. As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o procedemento ordinario e, se é o caso, ao procedemento subsidiario de adxudicación.

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

 

Artigo 12.

 

1. Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro ou centros de orixe.

 

2. O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde, e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo no prazo sinalado no artigo 17.1.

 

 

 

PRIORIDADE ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS.

 

DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

 

Artigo 9.2. Nos procedementos de admisión de alumnado nos centros a que se refire o presente decreto, cando non existan prazas suficientes terá prioridade aquel que proceda dos centros de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria que, respectivamente, teñan adscritos: CEIP Juana de Vega e o CEIP Plurilingüe da Rabadeira.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS OUTROS CURSOS DA ESO E BACHARELATO.

 

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

2º ESO

0

3º ESO

9

4º ESO

11

1º BACHARELATO

14

2º BACHARELATO

10

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

 

PRAZO SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

 

O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021, ambos incluídos, de 9:00 a 13:00.

 

As solicitudes deste proceso realizaranse mediante o modelo anexo II, (código de procedemento ED550B). O formulario poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual polas familias.

 

Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e nos seguintes enlaces: GALEGO ou CASTELÁN.

 

MOI IMPORTANTE: DEBERÁN MARCAR OBRIGATORIAMENTE NO MODELO ED550B OS CRITERIOS QUE DESEXA SE TEÑAN EN CONTA Á HORA DE OBTER A PUTUACIÓN CORRESPONDENTE PARA A ADMISIÓN NO CENTRO SOLICITADO.

 

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da solicitude por sede electrónica. No caso de facelo presencialmente, na medida do posible evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

 

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN.

 

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

 

-         Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando denegue a súa consulta).

 

-         Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Copia do DNI do alumno/a).

 

-         Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do procedemento ED550B (certificación académica).

 

-        Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO.

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo admisión abranguerá DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL, ambos incluídos, de 9:00 a 13:00 na secretaría do IES Miraflores.

MOI IMPORTANTE: SO SE VALORARÁN OS CRITERIOS MARCADOS NO MODELO ED550B.

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da documentación preferentemente nos días non lectivos. De facelo en días lectivos, na medida do posible, evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO.

 

-         Documentación xustificativa dos criterios marcados no modelo de solicitude de admisión.

 

-     A documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, só será necesario presentala cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática na solicitude.

 

BAREMO.

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

 

Existencia de irmás ou irmáns no centro

 

Por unha irmá/n matriculado no centro

8 puntos

Polo segunda e seguintes irmás ou irmáns matriculados no centro

2 puntos por cada un

Por ser traballador/a do propio centro

3 puntos

Por proximidade do domicilio familiar ao centro

 

Se o domicilio familiar se atopa na área de influencia do centro

6 puntos

Se o domicilio familiar se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

3 puntos

Se o domicilio familiar se atopa noutras áreas

0 puntos

Pola proximidade do lugar de traballo ao centro

 

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado dentro da área de influencia do centro

4 puntos

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

2 puntos

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado noutras áreas

0 puntos

Por condición de familia numerosa

 

Por familia numerosa de categoría especial

3 puntos

Por familia numerosa de categoría xeral

2 puntos

Por condición de familia monoparental

2 puntos

Por renda per cápita da unidade familiar (valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM))

 

Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM

3 puntos

Ingresos iguais ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM

2 puntos

Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM

1 punto

Ingresos iguais ou superiores ao IPREM

0 puntos

Por discapacidade

 

Da alumna ou alumno

4 puntos

Dalgún dos proxenitores ou titores

3 puntos

Dalgunha das irmás ou irmáns da alumna ou alumno

1 punto por cada un

Valoración do expediente académico para o acceso ao bacharelato

 

Nota media de sobresaliente

2 puntos

Nota media de notable

1 punto

Nota media de ben

0,50 puntos

Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, se é o caso.

1 punto (*)

(*) Na reunión do Consello Escolar do IES Miraflores celebrada o 18 de marzo de 2013, foi aprobada a decisión de non valorar o punto do Criterio Complementario ao que fai referencia o artigo 28.3 da Orde de 12 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

ÁREA DE INFLUENCIA DOS CENTROS DE OLEIROS.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=298791&folderId=124751&name=DLFE-28735.pdf

  

DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E OS PRAZOS PARA FORMULAR RECLAMACIÓN.

 

-         Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

 

-         Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

 

-      Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA.

 

-         Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 

-         Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

 

NOTA INFORMATIVA.

 

-         CADA ALUMNA E ALUMNO SÓ PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SOLICITE PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR, ADVERTINDO QUE A INFRACCIÓN DETERMINARÁ A PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE QUE POIDAN CORRESPONDERLLE.

 

-         O ALUMNADO QUE TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA NUN CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO DEBERÁ COMUNICALO, AO MESMO TEMPO, AO CENTRO DE ORIXE.

 

-         O ALUMNADO QUE TEN RESERVADA PRAZA NUN CENTRO, SE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOUTRO DISTINTO DEBERÁ COMUNICAR A RENUNCIA Á RESERVA ANTES DO INICIO DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

 

-         O ALUMNADO E AS FAMILIAS PODERÁN CONSULTAR O ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SÚAS SOLICITUDES A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA «ADMISIONALUMNADO» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) UTILIZANDO O CÓDIGO DE SOLICITUDE E O NÚMERO DE DNI DA PERSOA SOLICITANTE.

 

-         A NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA A TRAVÉS DO SISTEMA DE NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA DE GALICIA NOTIFIC@ (https://notifica.xunta.gal) REALIZARASE CON RESPECTO AOS TRÁMITES E ACTOS PROPIOS DA COMPETENCIA DAS XEFATURAS TERRITORIAIS, SEMPRE QUE A PERSOA ELIXIRA ESTA MODALIDADE COMO MEDIO DE NOTIFICACIÓN PREFERENTE.

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.

 TRANSPORTE ESCOLAR.

 

-         Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do Transporte Escolar (DOG 09/07/1986)

 

-         Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

 

-         Orde do 29 de xullo de 1988 pola que se establece a sinalización que deberán levar os autobuses que realizan transporte escolar nos centros de ensinanzas de titularidade pública.

 

-         Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte escolar e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG 09/01/1990).

 

-         Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia.

 

COMEDOR ESCOLAR.

A ANPA Miguel Hernández, ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”

O servizo de comedor que ofrece a cantina e que conta con cociña propia, é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001.

O servizo funciona de luns a venres, de setembro a xuño en horario de 14:10h a 15h.

Os luns e martes hai vixilancia ata as 16:20.

Os mércores, xoves e venres o servizo de vixilancia remata ás 15h e non hai servizo de autobús.

NORMATIVA REGULADORA PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN.

 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de FondoLibros

Para consultar esta listaxe deberá acudir ao taboleiro de anuncios do instituto ou ben acceder por vía electrónica a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Os vales para a compra de material de aqueles alumnos beneficiarios e matriculados agora en xuño, poderán recollerse no instituto a partir do luns 13 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut