Skip to Content

Idioma extranxeiro

SUSPENSIÓN DEFINITIVA DA ESTADÍA EN FRANCIA

Como quedou dito na carta remitida ao inicio deste curso, en xaneiro deste ano correspondía tomar a decisión con respecto ás estadías de alumnos previstas para esta primavera, no marco do intercambio escolar co Lycée René Cassin de Bayonne.

Dita decisión, tomada conxuntamente co centro francés, é a de suspender definitivamente as devanditas estadías, habida conta da situación derivada da pandemia de Covid-19.

Aínda así, tentaremos que os nosos rapaces se comuniquen con os seus homólogos franceses o antes posible por vía telemática o que entendemos positivo para eles no ámbito da práctica lingüística da lingua estranxeira así como no eido da súa experiencia humana.

"Concurso sobremesas francesas"

O xoves 9 de maio tivo lugar o tradicional concurso de sobremesas francesas, organizado polo Departamento de Francés. Se presentaron 35 sobremesas, elaboradas por alumnos de francés de 3º, 4º de ESO e de 1º de BAC.

Salientamos e agradecemos a participación de todos, aínda que se estableceron premios para os 3 mellores. 

 

 

INTERCAMBIO BAYONNE.

 

 

Entre o 22 e o 29 de marzo pasado 26 rapaces e dous profesores do IES Miraflores fixeron unha estadía en Bayonne (Francia) no marco do intercambio co Lycée René Cassin que se está a desenvolver durante este curso. Os nosos alumnos estiveron aloxados nas familias de acollida dos seus homólogos franceses cos que están en contacto dende xaneiro.

O programa en Francia incluiu a visita de Burdeos, Bayonne, Saint-Jean-de-Luz, Biarritz así como unha xornada no centro de ensino francés.

En vindeiras datas, do 6 ao 13 de abril, terá lugar a estadía en Oleiros dos alumnos franceses.

Trátase dunha actividade de inmersión lingüística no estranxeiro pero non hai dúbida de que vai moito máis alá do ámbito lingüístico, xa que entendemos que acada plenamente unha dimensión de experiencia humana e cultural moi enriquecedora para os nosos alumnos polo feito de ter que convivir cunha familia estranxeira, adaptándose ao seu ritmo de vida, ás súas comidas e ás dúas costumes cotiás.

Máis información no Blog des Étoiles do Departamento de Francés

Distribuir contido


by Dr. Radut