FESTIVAL ENTROIDO 2022
O vindeiro venres, 25 de febreiro, de 12:30 a 14:00, vaise levar a cabo, con motivo da celebración do Entroido, un pequeno concurso de disfraces co alumnado de ESO.
Todo o alumnado, ESO e bacharelato, poderá vir disfrazado da casa pero só participará no concurso o alumnado de ESO. En ningún caso poderá levar a cara tapada, agás ca máscara protectora. O disfrace debe ser respectuoso e non poderá entorpecer o normal desenvolvemento da actividade lectiva.
As catro primeiras sesións impartiranse de forma habitual. De 12:00-12:10, o alumnado da ESO poderase disfrazar ou completar o seu disfrace na aula co profesorado correspondente. Ás 12:45 comezará o concurso de disfraces.
Deberase respectar en todo momento o protocolo COVID do centro, especialmente no referente ao uso da máscara, distancia interpersoal de seguridade e aforo de 1 persoa por baño.
O uso do móbil estará prohibido aínda que a previsión é instalar un photocall onde a xente disfrazada poderá ser fotografada por algunha persoa autorizada para elo.
Ás 13:55 o alumnado recollerá as súas pertenzas e sairá do centro no seu horario habitual (1º e 3º da ESO ás 14:00 e 2º e 4º da ESO ás 14:05).
O alumnado de Bacharelato terá a súa actividade lectiva normal. A 6ª hora, o profesorado, segundo as súas necesidades docentes, decidirá se permite ao seu alumnado acudir para ver un anaco o festival, garantindo a saída do centro á hora que corresponde (14:10).