Skip to Content

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos, desde as evidencias que amosan que os centros educativos son espazos seguros.

Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora, insistindo no uso axeitado da máscara para persoas de 6 ou máis anos e a ventilación cruzada de acordo ás pautas do protocolo.

A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros.

De acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional:

  • Os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.
  • Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.
  • Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

 

COMUNICACIÓN DE CASOS

equipocovid@iesmiraflores.gal

881/880845

652/193327



blog | by Dr. Radut