PLAN PROXECTA +: CLASES SEN FUME E APÚNTOME A NON BEBER
Conscientes da importancia da promoción de estilos de vida saudables e a prevención de adiccións entre o alumnado, o centro participa este curso en dous programas do Plan Proxecta + en colaboración coa Consellería de Sanidade.
CLASES SEN FUME. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO, ten como finalidade previr o inicio do consumo de tabaco ou no seu defecto atrasalo. No programa participan máis de 15 profesores e profesoras de distintas materias coordinados por Diana Fernández Gómez.
APÚNTOME A NON BEBER. Dirixido ao alumnado de 3º da ESO, ten como finalidade a prevención do consumo do alcohol en persoas menores de idade e o atraso da idade de inicio no seu consumo. No programa participan máis de 15 profesores e profesoras de distintas materias coordinados por Alma Figueroa Varela.