INICIO DE CURSO 2021-2022
Segundo a Orde de 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022, a actividade lectiva en ESO e Bacharelato dará comezo o mércores, 15 de setembro, no horario habitual do centro, é dicir, de 8:30 a 14:10, e polas tardes de 16:20 a 18:00 o luns para a alumnado de 3º da ESO en adiante, e martes para o alumnado de 1º e 2º da ESO, estando operativos os servizos de transporte e comedor dende o primeiro día.
HORARIOS CURSO 2021-2022 PROTOCOLO COVID.
Respecto á regulación de circulacións e de entradas e saídas, determínase, conforme ao “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”, que se realice por colectivos con distancias horarias:
MAÑÁNS |
|
8:00-8:30.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA. ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA. ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL 8:30.- PRIMEIRA SESIÓN. 9:20.- SEGUNDA SESIÓN. 10:05/10:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO. 10:25/10:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA. 10:30.- TERCEIRA SESIÓN. 11:20.- CUARTA SESIÓN. 12:05/12:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO. 12:25/12:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA. 12:30.- QUINTA SESIÓN. 13:20.- SEXTA SESIÓN. 14:00.- SAÍDA 1º E 3º ESO. 14:05.- SAÍDA 2º E 4º ESO. 14:10.- SAÍDA 1º E 2º BACHARELATO. ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA. ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL |
|
TARDES |
|
LUNS 3º E 4º ESO 1º E 2º BACHARELATO. |
MARTES 1º E 2º ESO. |
16:00-16:20.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA. ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA. ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL 16:20.- SÉTIMA SESIÓN. 17:10.- OITAVA SESIÓN. |
|
17:55.- SAÍDA 3º E 4º ESO 18:00.- SAÍDA 1º E 2º BACH. |
17:55.- SAÍDA 1º ESO 18:00.- SAÍDA 2º ESO |
ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA. ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL |
O conxunto de medidas serán obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisión que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren.
RECEPCIÓN DO ALUMNADO O MÉRCORES 15 DE SETEMBRO
8:00 A 8:30 ENTRADA GRADUADA AO CENTRO POLOS LUGARES INDICADOS, ONDE AGARDARÁN OS/AS TITORES/AS.
NIVEL |
ACCESO |
RECPECIÓN |
1º ESO |
PORTA PISTA POLIDEPORTIVA |
PISTA POLIDEPORTIVA |
2º ESO |
PORTA PISTA POLIDEPORTIVA |
PISTA POLIDEPORTIVA |
3º ESO |
PORTA PRINCIPAL |
PISTA DESCUBERTA |
4º ESO |
PORTA PRINCIPAL |
XIMNASIO |
1º BACH |
PARKING |
PARKING |
2º BACH |
PORTA PRINCIPAL |
CORREDOR 2ª PLANTA |
O Primeiro día todo o alumnado deberá facer entrega ao seu titor/a da declaración responsable asinada polo pai/nai, titor/a legal (Ver documentos adxuntos)
TRANSPORTE ESCOLAR.
O transporte escolar ten previsto iniciar a ruta na primeira parada ás 7:55. O alumnado novo deste servizo debe estimar o primeiro día a hora de paso pola parada asignada e presentarse con antelación suficiente.
Á espera da valoración das solicitudes presentadas e a asignación das prazas aos “usuarios excepcionais”, inicialmente, soamente poderá facer uso do transporte escolar o alumnado considerado “usuario lexítimo”, este é, o alumnado da ESO escolarizado no centro que lle corresponda polo seu domicilio. Os listados actualizados do alumnado con dereito a transporte escolar publicaranse no taboleiro do centro á maior brevidade posible.
“Instrución conxunta 1/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 25 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2021-2022”.
Serán usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.
Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.
COMEDOR ESCOLAR.
O servizo de comedor é xestionado pola ANPA e prestado pola empresa Grupo Hostelero Asueto (Contacto: Alberto Aldrey 637/544332)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE CURSO 2021-2022.pdf | 295.19 KB |
ANEXO I ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO Covid-19.pdf | 168.31 KB |