Skip to Content

7 MELLORES EXPEDIENTES DAS ABAU 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou xunto ao reitor da USC, Antonio López, na entrega de recoñecementos aos estudantes que obtiveron unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU, un acto no que destacou o traballo destes alumnos.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puxo en valor a dedicación, compromiso, constancia e excelencia destes alumnos, nun curso que puxo a proba a todo o sistema educativo. “Soubestes estar non xa á altura, senón moi por riba dela”, dixo. “Todos os que estades aquí sodes un orgullo para Galicia –engadiu– e nas vosas mans está facer fronte a un contexto que é difícil, pero para o que probastes estar máis que preparados”.

Román Rodríguez quixo tamén felicitar aos centros educativos que fomentan o talento destes rapaces, especialmente aos seus docentes “o labor de impulso e orientación neste ano tan difícil”; así como ás familias, “transmisoras principais de principios e valores e das bases nas que se cimenta o traballo dos vosos fillos”.

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO QUE OBTIVO O RECOÑECEMENTO:

CLARA FERNÁNDEZ NEGREIRA.

MARÍA GÓMEZ ROEL.

MARGARITA GONZÁLEZ PÁRAMO.

EVA MARTÍNEZ GONZÁLEZ.

SERGIO PUERTAS PÉREZ.

CELTIA RÍO SANTOS.

PEDRO VILA CILLEROS.



blog | by Dr. Radut