Skip to Content

ACHEGA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL, AMBOS INCLUÍDOS, DE 9:00 A 13:00

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 17. Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

1. Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

2. A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

3. O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para á súa presentación.

4. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL DE 9:00 A 13:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

1º DA ESO

2º DA ESO

1º BACHARELATO

 

NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

3º DA ESO

4º DA ESO

2º BACHARELATO

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da documentación preferentemente nos días non lectivos. De facelo en días lectivos, na medida do posible, evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

CRITERIO

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

PROXIMIDADE DO DOMICILIO FAMILIAR AO CENTRO

 

Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

 

Persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.

No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.

O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas

PARA O ACCESO AO BACHARELATO:

VALORACIÓN DO EXPEDIENTE ACADÉMICO

Certificación académica persoal de 3º da ESO.

A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS CRITERIOS DE DOMICILIO FISCAL, RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR, CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA E DE DISCAPACIDADE DO ALUMNADO, DO/DA PROXENITOR/A, DO/DA TITOR/A OU DOS/DAS IRMÁNS/ÁS RECOÑECIDA POLA XUNTA DE GALICIA, SÓ SERÁ NECESARIO PRESENTALA CANDO A PERSOA INTERESADA DENEGUE EXPRESAMENTE A CONSULTA AUTOMÁTICA NA SOLICITUDE.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 25 DE ABRIL.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 15 DE MAIO.



blog | by Dr. Radut