Skip to Content

Premio da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra (Lugo) da USC

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela organizou un concurso dirixido aos alumnxs de Educación Secundaria e Formación Profesional que cursasen materias relacionadas coa empresa, a economía e a tecnoloxía.

A través da rede social Instagram lanzaron unha pregunta relacionada coas posibles estratexias que dende unha empresa se deberían seguir ante a situación de pandemia na que estamos inmersos.

O premio para a mellor resposta foi para unha alumna do noso centro: Nerea Rey Sanduende. Hoxe mesmo recibiu o seu premio: unha sudadeira da USC, unha taza e un pack con caderno, bolsa e USB.
Parabéns Nerea!



page | by Dr. Radut