Skip to Content

PREMIO ESPECIAL DE NARRATIVA NO FESTIVAL DE PARDIÑAS

 

INES E NOA CON MERO

Parabéns aos 14 alumnos e alumnas de1ESO que participaron no Certame de Narrativa Terra Chá que organiza "Xermolos" de Guitiriz. O xurado decidiu dar un premio especial ao alumnado do Miraflores pola recreación da viaxe a Outeiro de Rei e San Paio de Narla, e a presenza da obra de Manuel María que aparecía en cada un dos contos.

Neste XLI Certame de Creación infantil e xuvenil, presentáronse 720 traballos nas distintas especialidades. Os premios entregáronse o sábado 22 de agosto. Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos, no seu discurso na entrega dos premios, resaltou o exemplo que deron os rapaces e rapazas durante o confinamento. Concordamos totalmente con el.

Os premios foron entregados pola alcaldesa de Guitiriz e por Mero, o autor da música do poema "O Carro". Na foto podedes ver a Inés e Noa con Mero quen manda unha aperta moi forte para todos os participantes e ánimos para seguir escribindo.

 

Estes son os contos:

 Adri. Segredos das terras do Miño.

Antía. O carro de Cospeito.

Breixo. A misteriosa desaparición do poema.

Claudia.Misha e as súas aventuras.

Diego Lema.

Fernando. A cova de Penas de Rodas.

Inés. A guerra na Fortaleza de San Paio de Narla.

Irene Rostro. Unha misteriosa tarde na provincia de Lugo.

Irene Sánchez. O rapaz que quizo descubrir o misterio das Penas.

Javi Paz. A estraña música.

Nacho. No solsticio de verán.

Noa. O ladrón das navallas.

Samu Franqueira. Excursión catastrófica.

Yanira. Era Manuel María.

 

 



blog | by Dr. Radut