Skip to Content

Ler en portugués por primeira vez

Ler en portugués por primeira vez

Neste curso quixemos centrar a atención na figura de Ricardo Carvalho Calero, autor do Día das Letras Galegas 2020, a través do Proxecto Caminhando com Carvalho)

lecturas en portugués de pouca dificultade en 1ESO e 2 ESO. O alumnado escolleu libros de entre todos os seguintes:

Wonder, O Diário de Um Banana 1: Toque de Queijo, Milagre, Os Hérois Gregos, A Ilha dos Rebeldes, Avozinha Gângster, Agatha Mistery, Livro 11: Caça ao Tesouro, Camerini, V. A Admirável História de Greta Thunberg, Walliams,D., Koiza

Creamos a canle de Youtube Caminhando con Carvalho, cuxa conta xestionarán os tres centros. O alumnado enviará os seus vídeos converténdose en auténticos booktubers ou lendo dunha maneira dramatizada anacos da súa elección

Finalidade da actividade: fomento da lectura en galego e en portugués, aproximación á figura de Ricardo Carvalho Calero e desenvolvemento da competencia lectora en galego ao leren en portugués. 

Recollemos opinións dalgunhas lectoras:

“Eu lin un libro en portugués, o Diário de um banana, que en castelán é o Diario de Greg. Tamén intentei ler Como assaltar um banco, pero non o din lido. Para min é difícil ler en portugués. Ao principio do libro é fácil, porque se non entendo unha palabra, polo contexto sei máis ou menos o seu significado, pero cando a trama da historia vai formándose xa son frases en vez de palabras as que non entendo e cústame moito seguir lendo. O Diário de um banana ten moitas ilustracións e é máis fácil de entender.

A min gustaríame saber falar portugués porque estes últimos veráns fun coa miña familia a Portugal e creo que se lle poño máis interese non sería difícil aprendelo, xa que ten moitas semellanzas co galego e co castelán, pero tamén gústame moito ler e dáme rabia non entender unha historia por non entender o idioma.

Cando estaba lendo o libro, ás veces, intentaba ler en voz alta, pero tamén me resulta complicado xa que a pronunciación non se parece tanto ao galego”. Inés

 

“En relación a lectura en portugués, ao principio pareceume un pouco difícil, non entendía algunhas palabras, pero claro todo é cuestión de práctica”. Alexander

 Esta libro non o hai no Brasil. Como hai pouco tempo que cheguei de Brasil, gustoume moito poder ler en portugués.

Foi a primeira vez que vin este libro, en brasil non o hai. Agora vou ler os outros libros da serie que están en español.



page | by Dr. Radut