Proxecto Ponte NH
Creamos o proxecto PONTE NH para promocionar a lectura no idioma orixinario, facilitando o acceso aos libros en portugués. Por que o chamamos así? Porque unhas pequenas nocións da grafía nos serven de PONTE para entender o portugués. Decatarse de que sabendo galego, e con poucas indicacións, se é capaz de ler en portugués é un gran descubrimento a nivel lector. É unha ponte que nos leva á literatura portuguesa.
No proxecto PONTE NH participaron os grupos e adultas, de filosofía e de mtoloxía. Os libros seleccionados foron Saga, de Sophia de Mello Andersen; Flatland, o mundo plano, de Edwin A. Abbot e Mitologia. Deuses, heróis e lendas
Ademais pensamos que a mellor proposta para homenaxear a Carvalho Calero, o seu proxecto reintegracionista e o seu labor de estandarización era proporcionar lecturas en portugués nos diferentes grupos de lectura que hai no Club. Cumprimos así a tese de Carvalho de que “o galego é unha lingua universal”. Ou como dicía Castelao: “O galego é un idioma extenso e útil, porque con pequenas variantes se fala en diversos lugares de distintos continentes”