Club de lectura en francés
Ao abeiro das instrucións do Plan Lector do Departamento de Francés, consideramos as diversas lecturas un complemento inesquecible para a aprendizaxe de calquera lingua, sexa materna ou adquirida. Os nosos alumnos, a partires de 2º da ESO, teñen a obriga de facer dúas lecturas ao longo do curso, unha en Nadal e outra nas vacacións de Semana Santa. Estas lecturas adoitan adaptarse ao nivel da lingua estranxeira de cada curso, indo do nivel A2 ao nivel B2.
O club de lectura ten por obxecto potenciar estas lecturas así como, tamén, fomentar nos alumnos o espírito lector, a través do cal van comprobando como esas lecturas contribúen á adquisición de novas competencias lingüísticas pero, tamén, sociais, culturais e humanas.
O club de lectura permítenos, tamén, ampliar estas experiencias de lectura no nivel A1, tanto en 1ºESO como en 2º da ESO, aínda que dun xeito máis sinxelo. Trátase, tamén, de crear un hábito de lectura nos alumnos do primeiro ciclo, que lles permita decatarse de que a lectura de libriños de nivel adaptado pode ser unha fonte para adquirir novos coñecementos no eido lingüístico, ao mesmo tempo que pasar un bo momento e incorporar esas lecturas ás actividades cotiás no seu tempo de ocio.
Emile López